VIAMARE, nos últimos tempos está a traballar na dinamización da estrutura comercial do centro
urbano da cidade; apoiando, deste modo, a revitalización de Riveira, co espírito das antigas
organizacións gremiais, facendo promoción de a humanización das nosas rúas, traballando por
crear espazos seguros e limpos, ofrecer máis e mellores servizos, e unha atención personalizada
característica do noso comercio:
- Realizando periodicamente diferentes tipos de análise do sector comercial.
Desenvolvendo actuacións que promovan a calidade dos establecementos comerciais.
- Realizando accións dirixidas á fidelización de clientes habituais
e á captación de potenciais clientes.
- Poñendo en marcha campañas de promoción e comunicación para o conxunto de
axentes económicos do CCA.
- Promovendo do Concello de Riveira as actuacións
que favorezan a accesibilidade exterior e interior
da zona, e a adecuación física ao ámbito de establecementos
comerciais e fachadas de edificios.
- Responsabilizándose da imaxe exterior do CCA, facéndose cargo
da señalética integrada e outros elementos de información.